martes, 30 de maio de 2017

A XOGAR A CANGAS!

O domingo 4 de xuño organizamos "A xogar a Cangas!" coa colaboración da Concellería de Mocidade e Voluntariado do Concello de Cangas.

Unha idea que trata de recuperar os xogos do patio do cole dos anos 80´s e 90´s e así desenchufar aos nenos dos móviles e das tabletas. Teremos monitores con cada un dos xogos para ensinarlle os máis pequenos como xogábamos nós cando eramos cativos e queremos que os propios pais tamén lle ensinen a xogar aos seus fillos e se volvan a sentir nenos por un día.


Esperámosvos o domingo 4 de xuño ás 11:00 na Alameda Vella de Cangas!! :)

Ningún comentario:

Publicar un comentario