luns, 13 de marzo de 2017

RUTAS MEDIO AMBIENTAIS POLO ROTEIRO DE DONÓN

Nesta ocasión colaboramos coa Concellería de Turismo de Medio ambiente do Concello de Cangas para poñer en valor o Roteiro de Donón. 




Despois das melloras levadas a cabo no sendeiro azul o noso cometido será despertar a vosa conciencia e sensibilidade medio ambiental, coñecendo os efectos da introdución de flora e fauna alóctona, o efecto da acción do home, ou a evolución natural da paisaxe e do medio litoral. Entre todos levaremos a cabo accións encamiñadas á limpeza do entorno.

As prazas son limitadas polo que para anotarse cómpre inscribirse na Oficina de Turismo de Cangas: Avenida Eugenio Sequeiros, 9   Teléfono: 986392023

Ou ben enviar email a turismo@cangas.gal indicando: nome, idade, ruta e data elixida, e un teléfono de contacto.

O horario de comezo das rutas será as 11:00 no punto indicado:

             RUTA LINEAL DE 2,5 Km
             Punto de partida: Caracola de Donón
             Hora: 11:00
             Fin: Praia de Melide
             Duración aproximada: 2h 
             Dificultade:  Media

Se tedes algunha, podedes poñervos en contacto coa Oficina de Turismo de Cangas, utilizar o noso formulario de contacto da caixiña da dereita, contactar a través das nosas redes sociais ou enviar un email a: ailladosratos@gmail.com

Pouco a pouco iremos ampliando información e se estades atentos as nosas redes sociais, estaredes ao día das novas do "Inverno en Ruta"!

Vémonos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario