Punto de partida: Palco da Alameda Vella
Hora: 11:00
Duración aproximada: 2h
Lonxitude: 1'4 km
Dificultade: BaixaEste ano cumpriránse 400 anos do maior ataque sufrido pola vila de Cangas na súa historia.
A mañá do 9 de Decembro de 1617 unha escadra de piratas turco
berberíscos que chegaran á Ria de Vigo realizaron un brutal asalto sobre á vila
de Cangas matando e destruíndo todo o que atoparon ao seu paso.
Ao
principio desta ruta achegarémonos á vida daquelas xentes que habitaban unha
vila naqueles tempos puxante grazas sobre todo a importancia do seu porto coa
pesca e o comercio como motor económico.
Percorreremos
as rúas do casco antigo que existían naquel momento e coñeceremos interesantes
historias sobre o dia a día da Cangas de 1617:
- O poder da igrexa e a Colexiata como eixo da vida social da vila.
- Personaxes da época e as súas crenzas, costumes e supersticións.
- Os diferentes barrios existentes e a aquitectura típica mariñeira.
Finalmente,
viaxaremos no tempo para coñecer como foi a defensa da vila levada a cabo polos
“Héroes de 1617” ante o asalto e as posteriores consecuencias sobre o
desenvolvemento posterior de Cangas nos anos seguintes ao ataque.
Para asistir, inscríbete nas Oficinas de Turismo de Cangas:
- Avenida Eugenio Sequeiros, 9 Teléfono: 986392023
Ou ben envia un email a turismo@cangas.gal indicando: nome, idade, ruta e data elixida, e un teléfono de contacto.
Se aínda así tes problemas para asistir ou tes un grupo que quera facer a ruta outro día podes poñerte en contacto con nós, enviando un mail a ailladosratos@gmail.com ou nas nosas redes sociais.
Vémonos!
Se aínda así tes problemas para asistir ou tes un grupo que quera facer a ruta outro día podes poñerte en contacto con nós, enviando un mail a ailladosratos@gmail.com ou nas nosas redes sociais.
Vémonos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario