mércores, 1 de marzo de 2017

MASSÓ, o sentir dun pobo




Punto de partida:  Fábrica de Massó
Hora: 11:00
Duración aproximada: 2h 
Lonxitude: 1'4 km
Dificultade: Baixa

Historia, curiosidades, anécdotas. Tentaremos transmitir como era a vida ao redor da factoría de Massó, como chegou a ter a primeira asistenta social de Galicia, a orixe da gardería, como funcionaba o sistema de avisos para ir a traballar, os avances tecnolóxicos, as actividades de ocio que se facían, o inicio da actividade baleeira e a moratoria; o declive da factoría e o que significou para a poboación, ata chegar aos nosos días.

Para asistir, inscríbete nas Oficinas de Turismo de Cangas:
  • Avenida Eugenio Sequeiros, 9   Teléfono: 986392023
Ou ben envia un email a turismo@cangas.gal indicando: nome, idade, ruta e data elixida, e un teléfono de contacto.

Se aínda así tes problemas para asistir ou tes un grupo que quera facer a ruta outro día podes poñerte en contacto con nós, enviando un mail a  ailladosratos@gmail.com ou nas nosas redes sociais.

Vémonos!


Ningún comentario:

Publicar un comentario